Luns, 23 Mai 2016 17:57

Festival Clausura Escolas Deportivas 2015-2016

O Pavillón Municipal da Montesiña acollerá este sábado día 28 de maio, a partir das 18,00 horas, o Festival de Clausura das Escolas Deportivas Municipais 2015-2016.

Preto de 400 deportistas mostrarán as súas habilidades na pista empezando por Baile Moderno(dous grupos), Ximnasia Rítmica e Acrobática, iniciación ao deporte (nas súas tres categorías por idades), Tenis e pádel infantil, patinaxe (5 grupos), Multideporte, etc.

Neste festival de clausura tamén estarán representados os clubs Treboada de Pontevedra, Club Kick Boxing Arcade (un dos clubs galegos mais laureados) e Club Patinaxe Artistica de Soutomaior que recentemente se proclamou campión galego de Grupos Show.

Coa entrega de medallas por parte do Alcalde, Agustín Reguera, pecharanse as Escolas Deportivas Municipais ata o próximo mes de outubro e iniciaranse as actividades de verán 2016 no mes de Xullo.



Escolas Deportivas Municipais
Pavillón Municipal "A Montesiña"

Escola de Baloncesto

26-10-2017 / Escolas Deportivas Municipais

O Concello de Soutomaior, dentro das escolas deportivas 2017-2018, pon en marcha a escola de baloncesto. Está dirixido a nen@s de entre 6 e 12 anos. As clases serán os martes e xoves de 18,30 a 19,30 horas no Pavillón Municipal. Tentarase formar dous grupos cun mínimo de 10 participantes e un máximo de 15 cada día. Esta nova modalidade dentro das escolas deportivas...

 

Escolas Deportivas

Unhas escolas con moito deporte para tod@s