Xoves, 20 Xullo 2017 14:23

Actividades de Verán 2017 - Semana Final

Chega a cuarta e última semana das actividades de verán 2014.

Iniciaremos o luns 24 coa visita da famosa Patrulla canina para os do grupo A en a Alameda de Tallo Río de 10,30 a 13,00 horas e para o grupo B no Peirao de Arcade de 17,00 a 19,30 horas.

O mércores 26 a partir das 11,00 horas ata as 13,30 h. o grupo dos máis pequenos (A) terá unha xornada de convivencia coas mariscadoras da confraría de Arcade onde poderán ver como é un día na vida das mariscadoras

Pola tarde o grupo C no  Peirao de Arcade terán a visita de voluntarios da Cruz Vermella onde poderán apreciar o seu labor e verán unha demostración de técnicas de axuda e primeiros auxilios para accidentados.

O xoves 27 os grupos dos ”maiores” D e E , despois de varios adiamentos pola folga de transporte,  desprazaranse ao Aquapark de Cerceda e se o tempo acompaña gozarán dun día no parque acuatico.

O venres 28 os grupos B e C desprazaranse de mañá e tarde respectivamente á hípica Amazonas.

Pola noite e para todos os grupos está programada unha  “velada na noite” “Xogos” no Campo de Fútbol de Candán a partir das 22,30 h. onde os participantes nas actividades terán que estar acompañados dun adulto responsable.

 O sábado 29 chega o remate destas actividades de verán 2017 co festival de clausura.

A partir das 21,30 horas no Peirao de Arcade empezará coa actuación de Isla Le Triska .

Cun  espectáculo de rúa máis refinado e clásico. Isla mantén a estética e a liña humorística dos grandes pallasos arxentinos nunha conexión directa co público, na que as fechorías afloran a cada pouco. En definitiva, garda no seu interior un universo creativo versátil, cheo de sorpresas e ideas sorprendentes.

O vídeo do verán 2017 será uns dos protagonistas deste festival de clausura que finalizará coa entrega dun recordo a todos os participantes destas actividades de verán

 


Publicado en Actividades de Verán
Visto 809 veces