Martes, 04 Xullo 2017 13:02

Actividades Verán 2017

As actividades de verán organizadas polo Concello de Soutomaior comezaron onte coa primeira  actividade na Carballeira do Peirao de Arcade. En total están programados 24 días de actividades adaptadas ás idades dos participantes, que van desde os 3 ata os 15 anos, e que terminarán o día 29 co tradicional festival de clausura.

En total participarán máis de 300 nenos que gozarán de actividades tan emocionantes como a vela e o esquí acuático. Cada actividade contará coa supervisión de sete monitores, ademais dos específicos de cada proposta, co que os pequenos teñen garantida unha atención especializada e constante en todo momento.

Á parte das actividades xa clásicas desta iniciativa municipal, como a acampada, ver e esquí, parque acuatico,etc  tamén haberá alternativas como o "Xeocaching", unha proba de orientación urbana por GPS, ou pilotar nun circuíto de karts.

 Así mesmo o día 24 para os grupos A e B (os máis pequenos) terán en Tallo  Río unha visita moi especial por parte dos personaxes Ryder, Marshall, Chase e Skye coa patrulla canina.

A tradicional acampada terá lugar os días 21, 22 e 23 de xullo, a festa da bicicleta o sábado 15 e o festival de clausura, que se celebrará no Peirao de Arcade e no que se proxectará o vídeo resumen das actividades, o día 29.

As Actividades de Verán organizadas polo Concello de Soutomaior pretenden fomentar o tempo de lecer saudable entre a mocidade do municipio mediante propostas innovadoras e divertidas, que á vez teñan un fondo formativo e axuden a inculcar hábitos saudables nos pequenos.

As fotos das actividades poderanse ver no facebook do Concello de Soutomaior e tamén neste enlace: Fotos do Concello


Publicado en Actividades de Verán
Visto 684 veces