Luns, 12 Xuño 2017 13:59

Presentación Actividades de Verán

Un ano máis, o Concello de Soutomaior pon en marcha o seu programa de actividades de verán. Unha programación que comprende todo o mes de xullo e que finalizará coa celebración do tradicional Festival de Clausura no Peirao de Arcade. Desde o concello espérase que participen ao redor de 350 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.

O alcalde, Agustín Reguera, a edil de Cultura, Dores Cernadas, e o delegado de deportes, Paco Iglesias, presentaron esta mañá algunhas das actividades que desenvolverá este ano o Concello durante a tempada estival. Aparte das actividades xa clásicas desta iniciativa municipal, como vela, esquí, talleres e xogos, haberá alternativas como o "ciencia en movemento", “proba de orientación urbana”, saídas ao parque acuático a ecogranxa escola, etc. Ademais, a tradicional acampada terá lugar os días 21, 22 e 23 de xullo, a Festa da Bicicleta o sábado 15 e o Festival de Clausura, onde se proxectará o vídeo das actividades, o día 29.

As Escolas Deportivas de Verán (xullo e agosto) ofertan  para os máis pequenos, patinaxe, tenis, pádel, ximnasia, iniciación ao trampolín e ao kick-boxing.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou o esforzo que desde o goberno local está a realizarse a nivel loxístico e económico, para que estas actividades “nas que participan gran parte dos nenos de Soutomaior, sexan amenas, divertidas e saudables”, finalizou o edil.

O prazo de inscrición das Actividades de Verán finaliza o 23 de xuño e pódense formalizar no Concello, Pavillón, Multiusos e Biblioteca. As Escolas Deportivas de Verán formalizaranse exclusivamente no Pavillón Municipal A Montesiña.

 
Descargar adjuntos:    17-Inscricions-Veran-2017_1.pdf

Publicado en Actividades de Verán
Visto 858 veces