Mércores, 07 Xuño 2017 14:00

Actividades de Verán 2017

Mañá xoves día 8 de xuño ata o vindeiro venres 23 está aberto do prazo de inscrición das actividades de verán 2017 que terán lugar desde o 3 ao 29 de xullo.
 

As idades van desde os 3 anos (cumpridos antes do 1-7-2017) ata os 15 anos. Só empadroados.

Organizaranse por grupos por idades e con prazas limitadas por cada un dos 5 grupos previstos.

As inscricións poderanse realizar no Concello, Pavillón Omix (Multiusos) ou na Biblioteca.

Como cada ano non faltarán os días de acampada, parque acuático, veladas de noite cos país e nais , excursións de todo o día, etc.

Cada semana entregarase aos participantes a programación da seguinte.

O prezo das actividades segue invariable e será de 10 € por participante. Os irmáns pagarán ese importe o 1º e o 2º sendo os seguintes gratis.

A partir do día 27 de xuño a lista de admitidos, os grupos correspondentes e a programación da primeira semana poderanse ver na páxina www.soutomaior.com e a información e as consultas no Pavillón Municipal A Montesiña. 

 


Publicado en Actividades de Verán
Descargar adjuntos:
Visto 1097 veces