Venres, 29 Xullo 2016 11:19

Festival Clausura "Actividades de Verán 2016"

Mañá sábado a partir das 21,30 horas no Peirao de Arcade terá lugar o Festival de Clausura das Actividades de Verán 2016 nas que participaron mais de 340 nenos e nenas do Concello de Soutomaior.

O Festival de clausura será presentando polas participantes nas actividades Maria Orge e Daniela Verez.

Iniciarase coa actuación de Xoan Curiel e a súa banda presentando ou espectáculo “Danzamos non verán”

Xoán Curiel e a súa banda presentan un espectáculo absolutamente participativo onde se mesturan a música, a danza con elementos teatrais ou de clown; con catro músicos, dous cantantes e unha bailarina, cheo de música, historias, danza e coreografías que mergullan ás nenas e nenos ,así como aos adultos acompañantes, nunha divertida festa e nun soño de verán ...

A continuación poderase visionar un vídeo resumen das mais de 40 actividades distintas realizadas polos participantes dos grupos A,B.C.D e E. deste “Verán 2016”

Como finalización cada participante nas actividades poderá recoller un pequeno agasallo conmemorativo da súa participación nestas actividades 2016.


Publicado en Actividades de Verán
Visto 1679 veces

Acabáronse as actividades de verán 2017. Agradecemos aos participantes, monitores , empresas e entidades colaboradoras a súa achega para que cada verán estas actividades sexan posible.
Aquí deixámosvos o vídeo do verán. Ata o verán que vén ¡¡¡¡¡¡