Venres, 10 Xuño 2016 10:28

Comezan as inscricións das Actividades de Verán 2016

Este luns día 13 de xuño ata o próximo 26 iníciase o período de inscricións das actividades de verán 2016. Poderanse realizar no Concello, Multiusos de Arcade, Biblioteca Municipal e Pavillón.

As actividades están dirixidas a niñ@s de 3 ata 15 anos que se dividirán en 5 grupos iniciándose o 4 de xullo para finalizar o día 30 do mesmo mes.

A presentación das actividades e a entrega da programación da primeira semana farase no Multiusos de Arcade o sábado 2 de xullo ás 12,00 horas.

Mais de 360 participantes espéranse para este verán onde poderán gozar de distintas actividades segundo as idades así como vela e esquí náutico para os dous grupos dos maiores.

7 monitores titulados acompañasen cada día aos distintos grupos a parte dos monitores específicos de cada actividade.

Visitas a granxa escola, acuario e viaxe en catamarán pola Ría de Arousa, Parque acuático, etc son entre outras as distintas actividades completándoas con distintos talleres e obradoiros.

A acampada será este ano en Moreira os días 23-24 e 25 de Xullo.

O Festival de clausura terá lugar no Peirao de Arcade o día 30 de Xullo onde se proxectará o vídeo das actividades e haberá unha actuación musical con Xoan Curiel e a súa banda.


Publicado en Actividades de Verán
Visto 2028 veces