Venres, 08 Xuño 2018 11:25

Actividades de Verán 2018

O vindeiro luns día 11 de xuño ata o venres 22 iníciase o prazo de inscrición das actividades de verán do Concello de Soutomaior na que se espera que se inscriban máis de 300 nenos de idades de entre 3 e 15 anos.

As inscricións pódense realizar indistintamente no Concello, Pavillón, Omix e Biblioteca Municipal.

As prazas son limitadas por grupos e a actividade está dirixida só para empadroados no Concello.

 Iniciaranse o 2 de Xullo e finalizarán o sábado 28 co festival de Clausura.

Os 5 de grupos de idade estarán supervisados por 7 monitores titulados a parte dos monitores de cada actividade que se desenvolva.

A partir do día 27 de xuño a lista de admitidos e a programación da 1ª semana poderase ver na páxina web www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com.

Neste verán, a parte das actividades clásicas como as actividades nocturnas cos pais, parque acuatico en Portugal, acampada, festa da bicicleta, etc., haberá unhas interesantes novidades como o tren turístico para desprazarse ata o Castelo de Soutomaior visitalo e contemplar a exposición audiovisual .

Non faltarán os inchables acuáticos, visita ao acuario, procuras do tesouro.

Tamén se abre no mesmo prazo as inscricións para as actividades de verán deportivas con padel, tenis e patinaxe.

Para estas actividades deportivas as inscricións realizaranse exclusivamente no pavillón municipal.

 

AXENDA MUNICIPAL

activiades-de-veran.jpg

 OBRADOIROS   SEN PROGRAMAR (Obradoiros)
Inscricións Actividades de Verán 2018
Inscricións ata: Venres, 22. Junio 2018  
Datas do: 11-06-2018 o: 22-06-2018 / Lugar: Pavillón M. A Montesiña
Destinatarios/as: 3 a 15 anos 

 


Publicado en Actividades de Verán
Descargar adjuntos:

18-inscricions-actividades-de-veran-2018.pdf (99 Descargas)

Información adicional

  • Inscricións ata: Venres, 22 Xuño 2018
Visto 585 veces

Acabáronse as actividades de verán 2017. Agradecemos aos participantes, monitores , empresas e entidades colaboradoras a súa achega para que cada verán estas actividades sexan posible.
Aquí deixámosvos o vídeo do verán. Ata o verán que vén ¡¡¡¡¡¡