Normas de participación nas actividades do Concello de Soutomaior

Todas as persoas que se inscriban nas actividades organizadas polas Concellería de Educación e Xuventude deberán de ter en conta as seguintes cláusulas ou normas: 

IMPORTANTE:

  • O número de prazas en todos os cursos e obradoiros é limitado; cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
  • En todas as actividades terán preferencia ás persoas empadroadas no Concello de Soutomaior e, nalgúns casos, as persoas menores de 35 anos. Nos cursos de formación para o emprego, ademais, teñen preferencia as persoas desempregadas. Para acreditar estas condicións haberá que presentar DNI e tarxeta de demandade de emprego actualizada.
  • As actividades realizaranse si se cobren un mínimo de prazas/grupo. Si non se cubre o mínimo, poderá cancelarse a actividade e, nese caso, devolverase a matrícula ás persoas que xa a pagaran.
  • As matrículas non se devolverán unha vez confirmada e iniciada a actividade.
  • Consultar bonificacións posibles para as actividades soamente para empadroados/as; estas poden ser:
    • No mesmo grupo familiar o 2º participante terá unha bonificación do 25%, o 3º participante una bonificación do 50%, o 4º participante unha bonificación do 75% e os quintos e sucesivos membros participantes dun mesmo grupo familiar quedarán exentos da taxa.
    • Cando as persoas inscritas sexan beneficiarias da prestación RISGA quedarán exentas da taxa (PERO quedarán reservadas por curso un número limitado de prazas (3), que se cubrirá por orde de inscrición). O resto das persoas terán que pagar a cota.
  • Se a persoa non cumpre os criterios de asistencia establecidos, será dada de baixa automaticamente. No caso dos cursos de formación a persoa non terá dereito a diploma de asistencia.
  • NON OBSTANTE, para calquera dúbida ou aclaración aconsellamos consultar horarios, datas e condicións específicas para cada actividade na OMIX.
  • Si queres recibir información directamente no teu correo electrónico cubre o formulario LISTA DE CORREO (sistema TOKApp School) que aparece na web ou pídeo na OMIX. É DE BALDE!!!

O noso horario de atención ao público é de:

  • LUNS, MARTES, XOVES E VENRES DE 15,30 H a 20,30 H agás O MÉRCORES QUE SERÁ DE 9,00 A 14,00 H
  • Poderán contactar con nós:
    • Presencialmente, no centro Multiusos
    • Telefónicamente, no número 986700822
    • Por corrreo – e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Os titulares de Educación

2º acción voluntaria! Imos informar e concienciar

13-06-2018 / Plan Municipal de Voluntariado

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para participar a segunda acción voluntaria do programa de educación medio ambiental SI QUERO, COLABORAR. Nesta ocasión a acción terá dúas...

5 de xuño. Festa do Medio Ambiente en Talorío

01-06-2018 / Educación

Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño o Concello de Soutomaior ten previsto un programa de actividades que se realizarán en Talorío ...

Visita didáctica á Horta Municipal

25-05-2018 / Horta Urbana Ecolóxica

Escolares de 1º da ESO do Colexio M. Padin Truteiro visitaron hoxe a Horta Municipal. Acompañados polo profesorado do centro e dentro do programa formativo das materias de Bioloxía puideron...

2 de xuño: Hoxe imos limpar. Voluntariado e educación medioambiental

22-05-2018 / Educación

Si quero, colaborar é unha iniciativa do Concello de Soutomaior que promove o voluntariado en diferentes áreas de intervención. Encadrada dentro do Plan Municipal de Voluntariado nesta ocasión este programa...