Compromiso de voluntariado

 

COMPROMISO DE COLABORACIÓN E INCORPORACIÓN 
COMO PERSOA VOLUNTARIA  NO PLAN MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO

 

Neste documento recóllense todos os aspectos que segundo a Lei 3/2000 do 22 de decembro, do Voluntariado de Galicia, deben figuran no acordo ou compromiso de colaboración e incorporación ás entidades ou programas de voluntariado para formalizar a relación entre ambas partes, tendo esta relación sempre un carácter altruísta.

 

COMPARECEN

DUNHA PARTE, Dona …………………………………………………………………………, maior de idade con data de nacemento ……………………………. e con DNI número ……………………………………… en  calidade de solicitante de realización de actividades de voluntariado no Concello de Soutomaior, con domicilio en ………………………………………………………………………………….

POR OUTRA PARTE, Don Agustín Reguera Ocampo en calidade de Alcalde – Presidente do Concello de Soutomaior en cuxa representación actúa no presente acto.

 

 

MANIFESTAN

Que o Concello de Soutomaior como órgano encargado  de promover accións de voluntariado no seu ámbito territorial e, coa finalidade de acadar o máis alto nivel de participación e implicación por parte da cidadanía deseña e establece programas de voluntariado.

Que ambas partes coñecen os dereitos e obrigas, que con arranxo á Lei de Voluntariado de Galicia Lei 3/2000, de decembro, corresponden a ambas partes.

Que a persoa solicitante desexa participar como voluntaria nos programas municipais de voluntariado do Concello de Soutomaior.

Que non existe relación laboral algunha entre a citada entidade e eu,  motivada pola realización das actividades citadas no presente documento.

Que tanto o Concello de Soutomaior como o solicitante desexan establecer unha relación en materia de voluntariado que se sustancia no presente convenio e que se rexerá polas seguintes

 

CLÁUSULAS

PRIMEIRA. A solicitante comprométese a:

  1. Cumprir os compromisos acordados co Concello de Soutomaior, respectando o disposto neste acordo.
  2. Gardar a confidencialidade respecto á información recibida e coñecida no desenvolvemento das súas actividades.
  3. Rexeitar toda clase de contraprestación económica ou material que poida ser ofrecida pola súa labor voluntaria.
  4. Actuar de forma dilixente, responsable e solidaria na execución das tarefas que lle sexan encomendadas, seguindo as instruccións que se lle impartan.
  5. Participar nas actividades de formación que sexan de interese para a labor realizada.
  6. Observar as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
  7. Coidar os recursos materiais que se poñan a súa disposición para desenvolver a súa actividade, así como empregar debidamente as acreditacións e distintivos do Concello si fose necesario.
  8. Executar as actividades con arranxo ao horario acordado e consensuado previamente.
  9. Como servizo benévolo, considerando que desta forma contribuirei á realización dun fin social e solidario.
  10. Atendendo ás indicacións da persoa responsable durante a realización da acción voluntaria e da persoa que coordine o voluntariado municipal.
  11. Con subxección aos principios, dereitos e deberes da carta do Voluntariado.

 

SEGUNDA. O Concello de Soutomaior comprométese a:

  1. Cumprir os compromisos adquiridos coa persoa voluntaria especificados neste acordo.
  2. Proporcionar a formación específica que sexa necesaria para realizar as súas actividades, na medida do posible.
  3. Cubrir os gastos necesarios da voluntaria derivados do desenvolvemento da súa actividade.
  4. Dotar a esta persoa dos medios necesarios para a realización da actividade.
  5. Facilitarlle unha acreditación que a habilite e a identifique para a súa actividade.
  6. Certificar a actividade da persoa voluntaria con constancia dos seus datos persoais, da duración da acción e do tipo de acción.

 

TERCEIRA. Actividades e tempo de dedicación. 

A persoa voluntaria terá que inscribirse nas accións de voluntariado convocadas dentro dos programas municipais de voluntariado e previamente inscribirse no Plan Municipal de Voluntariado.  Mediante este acordo a persoa desexa incorporarse a accións de voluntariado nestes ámbitos (sinale as que lle interesan):

 

 No ámbito da educación, protección e respeto ao medio ambiente

“ Voluntariado educación e sensibilización medio ambiental”. Tipoloxía de funcións: Realizar un tipo de vixilancia disuasoria e limpeza de montes e áreas de lecer. Actividades de sensibilización en relación a temas mediambientais: montes, ríos, praias, etc. Restauración e recuperación ambiental de regueiros, de fontes e abrevadeiros.  Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna e tamén de flora.  Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves. Acondicionamento de Roteiros, etc.

 No ámbito da promoción da xuventude.

“Voluntariado xuvenil”  no programa de Dinamizacion xuvenil: todas as actividades programadas pola Concellería de Xuventude, incluídas as escolas municipais: teatro, pintura, etc. No "Programa de Información e documentación Xuvenil" nas labores de difusión da información.Tipoloxía de funcións: Apoio na busca de información e participación na difusión da información da OMIX. Apoio na coordinación de execución de actividades,etc.

 No ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres.

 “De igual a igual”. Tipoloxía de funcións: Apoio nas visitas e excursións organizadas. Apoio e cooperación na organización, na execución e na  avaliación de actividades de promoción da igualdade de oportunidades. Acompañamento a persoas usuarias para a realización de trámites administrativos, burocráticos ou de outra índole. Apoio en programas que fomenten a conciliación entre a vida laboral, familiar e persoal, etc.

 No apoio á actividade deportiva 

“Voluntariado para o deporte”. Tipoloxía de funcións: Apoio nas Escolas deportivas municipais. Apoio en torneos e competicións deportivas. Colaboración na organización de actividades e competicións deportivas. Difusión da oferta deportiva, etc.

No ámbito dos Servizos Sociais

“Voluntariado social” de apoio a minorías étnicas, persoas con escasos recursos e poboación en xeral. Tipoloxía de funcións:  obradoiros e charlas sobre saúde: alimentación, deporte, hábitos saudables en xeral,... Apoio en lingua galega e castelá para persoas estranxeiras. Apoio nas clases de reforzo escolar. Acompañamento na xestión e utilización de recursos da comunidade (ir a consulta médica, a tramitar distintas xestións, etc.), apoio no uso e manexo de novas tecnoloxías para a alfabetización dixital, etc.

 No ámbito da participación veciñal

“TECENDO REDES, voluntariado para a participación veciñal. Tipoloxía de funcións: apoio na organización de actividades, apoio no fomento do asociacionismo e a vidal cultural do municipio.  Apoio no fomento de  iniciativas sociais e de creación de redes, etc.

A persoa voluntaria comprométese a dedicarlle á súa labor como voluntaria, o tempo estipulado para a acción específica na que se inscriba. Para cada acción publicarase previamente a información necesaria e ás persoas interesadas entregaráselle o esquema coa descrición específica con horarios, datas, etc., xunto cao ficha de inscrición  que se debe presentar debidamente cuberta. 

CUARTA. Perfil voluntaria/o. 

Que a persoas voluntaria cumpre os requisitos para poder realizar as tarefas de acción voluntaria para o que terá en conta os criterios de cada acción en canto a

  • Titulación
  • Experiencia
  • Idades
  • Perfil
  • Material necesario que traen as persoas participante

QUINTA. A duración do compromiso será ata que unha das partes decida dar por finalizada a relación ou por incumprimento das normas e obrigas establecidas.

SEXTA. Causas para a ruptura do acordo:

Racharase o acordo:

  1. Cando algunha das partes non cumpra o establecido neste acordo ou coas súas obrigas.
  2. Cando o Concello de Soutomaior non poidan seguir asumindo persoal voluntario nos seus programas e servizos.
  3. Cando a solicitante queira cesar libremente como persoa voluntaria.

 

SÉTIMA. Calquera cambio supeditarase ao previo acordo entre as partes.

 

OCTAVA. Para todo o non previsto expresamente no presente Convenio, estarase ao disposto na Lexislación vixente en materia de Voluntariado en Galicia.

 

E, en proba de conformidade, ambas parte subscriben este acordo, por duplicado exemplar, a un so efecto, en lugar e data ao inicio indicados.

 

Visto 50 veces

En la categoría: Documentos Educación