Saúda do Alcalde

 

Dende a Alcaldía do Concello de Soutomaior doulles a benvida a esta “viaxe virtual” polo noso Concello. A adaptación ás novas tecnoloxías é unha obriga que intenta cumprir o Concello coa posta en marcha desta páxina web que tende a satisfacer as demandas da cidadanía.

Por isto animo ós/ás internautas a que nos trasladen as súas suxestións e ideas, sendo a nosa intención por unha parte, prestar un servizo de información, e por outra, mostrar unha visión xeral e real do noso entorno, as nosas xentes, o noso pasado e do noso presente.

Aproveitamos estas liñas para invitalos/as a coñecer a nosa inigualable gastronomía, famosa polas estupendas viandas "ostras de Arcade" e os seus suculentos caldos "Albariño de Soutomaior", para regalarse despois un día inesquecible no noso entorno, situado ó fondo da Ría de Vigo, nun privilexiado entorno natural.

 

Un Saúdo.

O alcalde:

Agustín Reguera Ocampo


Visto 333 veces