Image
Cristina González Piedras, Concejal de Igualdade

O Concello de Soutomaior tivo a súa primeira achega ás políticas de Igualdade no ano 1999, coa creación da Concellería da Muller, que posteriormente foi modificada a Concellería de Igualdade no ano 2011. Conta con Tres Plans Municipais para a Igualdade entre Homes e Mulleres. O primeiro deles acordado no ano 2005, onde se estableceron as primeiros liñas básicas de actuación respecto a perspectiva de xénero no ámbito local. Actualmente está en vigor o IV PIOM (2021/2025).

“A igualdade é un valor central da democracia, e por tanto un tema central das políticas locais, que debe atravesar e nutrir todas as accións e actuacións levadas  a cabo desde diferentes ámbitos.

O feminismo debe ser un eixe transversal e central da axenda política, que entronque políticas específicas levadas a cabo desde diferentes ámbitos,  para neutralizar os focos de desigualdade, posto que son demasiados os obstáculos estruturais, instrumentais e invisibles que existen para levalas acabo.

As políticas públicas convértense en dereitos acadados da sociedade, o que apodera a si mesmo a as persoas individualmente e tamén colectivamente.” Cristina González Piedras, Concellería de Igualdade.

O Centro de Información á Muller, comeza a súa andadura en setembro de 2004, sendo acreditado no ano 2005. Nestes 16 anos, funcionou de forma individualizada ata o ano 2012, onde se firmaron convenios de agrupación cos Concellos limítrofes de Pazos de Borbén, e o Concello de Vilaboa. Estes convenios establecen que o CIM de Soutomaior pasará a ser o centro de referencia en materia de igualdade e prevención e violencia de xénero para as persoas empadroadas nestes concellos. E ofrecerase atención psicolóxica, xurídica e asesoramento nas áreas recollidas no Decreto 130/2016.

No CIM prestase atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoas sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualade de xénero. Trátase dunha atención e intervención directa para mulleres en situación de espacial vulnerabilidade, tendo prioridade dentro das vulnerabilidades, as vítimas de violencia de xénero.

CIM Soutomaior

Multiusos, Arcade
Telf 986 701 227