As direccións de  correo electrónico e a información dos/as usuarios/as nunca son divulgadas, rentadas, vendidas ou mercadeadas a terceiras partes. 

Os enderezo de correo serán usados para comunicar información de interese para vostede ou para enviar a información que vostede solicitou. Isto inclúe Novas, Eventos, Información importante e outros correos do noso Concello. Vostede poderá decidir si continua recibindo a información ou non. En cada Boletín que recibe ten a opción de Modificar Suscrición.

Os datos de carácter persoal que se solicitan na sección BOLETÍNS INFORMATIVOS serán tratados de conformidade coa normativa reguladora da protección de datos de carácter persoal. Os mesmos serán incorporados ao fichero “Boletíns do Concello” que quedará baixo a responsabilidade do Concello de Soutomaior. A aceptación na recollida dos seus datos persoais suporá que vostede autoriza a formar parte do mencionado ficheiro e a recibir información sobre noso Concello. En concreto autoriza a recibir os Boletíns Informativos.

Así mesmo informámoslle que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición con arranxo ao previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou unha carta xunto coa fotocopia do seu DNI, ó seguinte enderezo: Rúa Alexandre Bóveda, 8 SOUTOMAIOR 36691, á atención de: Gabinete Soutomaior - Baixa de Datos nos Boletíns Informativos.