Representacións teatrais fin de curso Escola Municipal de Teatro

Representacións teatrais fin de curso Escola Municipal de Teatro

Este venres 30 de xuño e este sábado 1 de xullo o alumnado da Escola Municipal de Teatro representará as obras de fin de curso.

 

VENRES 30 DE XUÑO – “Como a vida mesma” grupo xuvenil 2 ás 21,00 h

  • Sinopse: unha compañía de teatro importante, cancela a súa función minutos antes de comezar... os traballadores/as do Auditorio demostraran que todos levamos un actor ou actriz dentro improvisando unha peza teatral.

 

SÁBADO 1 DE XULLO  ás 20,30 h

Grupo infantil “Mamá gatiña”

  • Sinopse: trata dunha gata que tenta preparar a merenda dos seus fillos/as, pero uns ratos sempre lle comen o que prepara. Finalmente mamá gata prepara unha trampa para atrapar aos ratiños

Grupo xuvenil 1 “ Os trasnos de Pitocairo” 

  • Sinopse:  na Vila de Pitocairo sempre suceden cousas extranas, os responsables son uns trasnos que viven no bosque. Pero cando deciden abrir unha fábrica altamente contaminante na vila, os trasnos e os nenos alíanse e atopan unha solución. 

 

As obras representaranse no Multiusos en Arcade. A entrada é de balde.

 


Visto 582 veces