Regulamento Auditorio Multiusos de Arcade

O Auditorio do Centro Multiusos de Arcade é unha dependencia municipal que ten como finalidade o desenvolvemento de actividades socioculturais, educativas e institucionais promovidas polo Concello de Soutomaior. Nas datas que as instalación estean dispoñibles, tamén poderán ser utilizadas por outras entidades públicas ou persoas, xurídicas ou físicas. O presente regulamento elaborase coa finalidade de regular as condicións do seu uso.