Category Image  OBRADOIROS / Concellería de Educación  

18-Roteiro-Illas-Cíes-(Cartel).jpg

 

Roteiro Medioambiental: Illas Cíes

Do: 16-09-2018 ó: 16-09-2018
Lugar actividade: Illas Cíes
Horarios: 9:15 - 21:30 h.
Destinatarios/as: Todo público (menor acompañados), (menor con autorización)
Prazas: 110
Inscricións ata: Mércores, 12. Setembro 2018

Documentos a entregar:  - Fotocopia do DNI, - Si rexistrou menores de idade, copias dos seus DNI, - Inscrición asinada polo/a solicitante
Lugar de entrega: OMIX (Multiusos, Arcade)
Custe empadroados/as: Ata 12 anos de balde. A partir de 13 anos: 12€
Custe NON empadroados/as: 17€
Forma de pago: Pago por banco

         

Esta actividade NON define grupos  
          

Programa municipal “Roteiros medioambientais GUIADOS
coñece o teu Concello e arredores 2018

 

SENDA DA MAÑÁ

A DO FARO

12:00 h

Neste roteiro subiermos ó punto accesible máis alto das illas Cíes a 175m de altura. No noso camiño pasaremos polo lago natural onde veremos unha gran variedade de peixes e bosques de algas. Desviarémonos do camiño principial para visitar a Pedra da Campá e o observatorio de aves. Xa na última parte de camiño ó faro, veremos crías de gaivota patiamerela que aniñan na subida, se fai moito calor os lagartos arnais saldrán ao sol e veremos nos baixos dos cantís os corvos mariños voando a gran velocidade.  Dende o faro de Cíes, hoxe en día en funcionamento disfrutaremos dunha vista panorámica da Ría de Vigo, a illa Sur e os impresionantes cantís, se a visibilidade o permite, a illa de Ons e parte da costa portuguesa. 

  • Duración aproximada: 1 hora e 30 minutos
  • Dificultad: media

 

SENDA DA TARDE 

O ALTO DO PRÍNCIPE

17.15 h

Percorremos a illa de Monteguado nunha subida ata o Alto do Príncipe onde se atopa a Cadeira da Raíña, un balcón natural na rocha con vistas o atlántico, a ría de Vigo e a illa do Faro. 

  • Duración aproximada: 45 minutos
  • Dificultade: baixa

 

HORARIOS:  saídas e chegadas en autobús para todas as persoas inscritas

  • Saída           09:15 H Casa do Concello      09:30 H Cruce de Pierres
  • Chegada      21:15 H Casa do Concello       21:30 H Cruce de Pierres

*OBSERVACIÓNS COS MENORES: imos camiñar, ter en conta a tipoloxía da actividade.

 

 

Roteiro Medioambiental: Illas Cíes - QR Code Friendly

Sigue este código QR
para + info na web

Accesos : 291