Soutomaior celebrou a V Carreira da Ostra baixo unha metereoloxía excelente.
Soutomaior celebrou a V Carreira da Ostra baixo unha metereoloxía excelente.
Brais Misa de Porriño foi o vencedor da V Carreira dá Ostra celebrada en Arcade en pasado domingo cun percorrido urbano de 6 km, realizou o percorrido en 18 min 35 seg mellorando o record da carreira que estaba en 19 min 11 seg do ano pasado. segundo e terceiro clasificáronse Jorge Janeiro e Gabriel Vázquez respectivamente. Na categoría feminina a primeira clasificada foi Natalia Lorenzo de Milladoiro cun tempo de 23 min 51 seg segunda foi Yolanda Campos e terceira Vanesa Insaurralde. Os primeiros clasificados do Concello foron en categoría masculina Daniel Álvarez Álvarez cun tempo de 20 min 23 seg, sétimo clasificado absoluto e en categoría feminina Mónica Alarcón Hernández con 28 min. 23 seg. A participación elevouse este ano a 230 corredores divididos en categorías promesa, sénior e veteranos tantos en categorías masculinas e femininas. A carreira contou coa colaboración do Club Ciclista Arcade, Policía Local, Confraría de Pescadores de Arcade e Protección Civil Todas as clasificacións e os tempos realizados pódense ver na páxina www.cronotec.es. Na carreira tamén participou o Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera que se clasificou no posto 149 c...
150 participantes dan cor a V Carreira da Ostra.
150 participantes dan cor a V Carreira da Ostra.
Máis de 150 participantes deron cor a V Carreira da Ostra do concello de Soutomaior, sobre ás 12:45 da mañá saíron os primeiros participantes algo polo que agardaba a maioría do público que asistiu ó peirao de Arcade nunha mañá marcada polo sol. Chupetes, Pitufos, Benxamíns, Alevíns, infantís e cadetes foron as categorías que participaron na proba , na que por parte da concellería de Deportes todos os participantes foron obsequiados cunha medalla .