As obras do novo centro van en tempo para o próximo curso
As obras do novo centro van en tempo para o próximo curso
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, visitou xunto co conselleiro de Educación , Román Rodríguez as obras do que será o novo instituto de Soutomaior Reguera amosou a súa satisfacción do estado das obras así como o edificio na súa totalidade xa que como dixo o Román Rodríguez o novo instituto será un referente en canto a obras deste tipo. Agustín Reguera agradeceu os apoios económicos tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de Pontevedra xa que está última está a desenvolver en parte a senda peonil, unha senda que velará pola seguridade do tránsito a pé ata o centro Reguera fixo fincapé aos alumnos que cursarán neste centro "os alumnos de cuarto de Secundaria dos CEIS Ponte Sampaio e Padín Truiteiro, que pasarán a Bacharelato, así como os da ESO de ambos centros. Aínda que o centro non estea aberto, pódese cursar matrícula nos respectivos centros escolares nos que están escolarizados os rapaces". ​
É un
É un "flamante edificio " destacou o conselleiro de Educación
O conselleiro de Educación Román Rodríguez acompañou ao Alcalde de Soutomaior Agustín Reguera na visita ao que será o novo instituto, o conselleiro afirmou que o novo centro e un "flamante edificio" que "marcha a un bo ritmo" y que será "un dos centros máis importantes non só da area metropolitana de Vigo, senón da provincia", en cuanto a inversión. O conselleiro destacou ademais que o centro "dará servizo non só a Soutomaior, senón que posibilitará que algún alumno doutras localidades, se así o estima, poida vir a esta localidade".
O bo tempo fixo que milleiros de persoas acudiran a XXXII Festa da Ostra
O bo tempo fixo que milleiros de persoas acudiran a XXXII Festa da Ostra
A XXXII Festa da Ostra foi todo un éxito de organización e participación o bo tempo e os días da Semana Santa fixo que Soutomaior saíra ben parada encanto a organización do Evento. Malia a non comezar ben por mor do temporal que azoutou o venres a Arcade, xa que a carpa situada no peirao voou polos aires por mor do forte vento que azoutou a Vila. A concelleira de Cultura Dolores Cernadas desculpouse polo ocasionado e dende o Concello foron quen de reparar o problema xurdido polo forte vento. O sábado comezou como moi bo pé e miles de persoas xa abarrotaban as inmediacións dos postos situados no peirao de Arcade en busca do manxar, as ostras. O día seguinte o domingo foi como cada ano o día forte da Festa a miles de persoas collían sitio o carón do palco para escoitar a Eva Iglesias a pregoeira desta XXXII edición, amable e servizal distinguiron a Iglesias que non parou de fotografarse con todo seareiro que se achegaba o seu carón para sacar unha fotografía. Un ano máis Soutomaior deixa o listón moi alto cara repetir éxito na seguinte Festa da Ostra.
Así se traballa para que todo estea perfecto na Festa da Ostra
Así se traballa para que todo estea perfecto na Festa da Ostra
Miles de racións foron servidas na XXXII Festa da Ostra dende o primeiro día da Festa os traballadores dos distintos estands non pararon de abrir o preciado produto. O día seguinte o domingo a afluencia foi masiva xa que dende primeira hora da mañá xa se comezou a servir racións, ata sete empregados por posto estaban sen parar a traballar para que os milleiros de persoas puideran degustar a Ostra.
Hoxe é un día especial, de estar ó lado dos veciños e veciñas
Hoxe é un día especial, de estar ó lado dos veciños e veciñas
Manu Lorenzo é natal de Soutomaior é dende sempre para el a Festa da Ostra é un día especial, un día de estar cos veciños e veciñas e sobre todo un día de estar todos unidos sen discrepancia política xa que a Festa da Ostra ten que ser un reclamo para todos e todas os habitantes de Soutomaior. Lorenzo alabou o traballo realizado por todos neste evento e sobre todo pola Confraría de Pescadores de Arcade xa que é un gran esforzo que esta xente está a facer por destacar o seu produto estrela como é a ameixa, tamén resaltou de éxito o acerto da Confraría por incluír este ano dous produtos a maiores como é a quisquilla e o choco á feira. Manu non quixo deixar atrás o estupendo viño albariño de Soutomaior e animou a todos aqueles a degustalo.
Hoxe estamos aquí para degustar os nosos produtos do mar
Hoxe estamos aquí para degustar os nosos produtos do mar
Rita Míguez é a patroa maior da Confraría de Pescadores de Arcade, por segundo ano consecutivo a Confraría colabora coa Festa da Ostra coa creación dun apartado gastronómico alternativo como é degustar os produtos estrela da propia Confraría como é a ameixa e a anguía e a maiores dúas novas incorporacións como son a quisquilla é choco á feira. A idea de crear este apartado naceu como unha alternativa a toda aquela xente que non lle gusta a Ostra e deste xeito poder ter a opción de probar outro produto estrela da nosa ría, dende a Confraría estamos moi ledas e agradecemos ao Concello a oportunidade que nos brindan de colaborar.
As veces que viñera a Soutomaior fora coa Osquestra
As veces que viñera a Soutomaior fora coa Osquestra
Eva Iglesias foi a pregoeira desta XXXII Festa da Ostra, dende ben chegada a mañá xa se empezaba a ver seareiros nas inmediacións do acto para coller un bo sitio onde poder ver e escoitar a Eva, sobre as 13 h dá tarde a carpa estaba totalmente abarrotada esperando o comezo do acto. Eva Iglesias viñera en varias ocasións a Soutomaior pero sempre coa orquestra nunca crería que algún día sería era a pregoeira da Festa a que ela viña a traballar, está moi agradecida ó Concello pola súa contratación ao igual que a todas e todos os seus seareiros xa que se sentiu moi arroupada na Vila.
A colaboración da Confraría é un complemento ideal para a nosa Festa
A colaboración da Confraría é un complemento ideal para a nosa Festa
Agustín Reguera alcalde de Soutomaior está sempre presente e participativo en calquera das actividades que se celebren en Soutomaior, si ben a semana pasada participaba na Carreira da Ostra, esta mesma estaba presente na XXXII Festa da Ostra. Reguera comentaba o ambiente espectacular que dende o mesmo sábado había no peirao de Arcade. Agustín non foi quen de deixar de agradecer o enorme traballo e esforzo que todos os hostaleiros e a Confraría de Arcade depositaron na organización do Evento, Reguera gozou moito desta Festa xa que é un día no que as posibilidades para intercambian conclusións están en todo momento, e como alcalde é moi satisfactoria vivilo deste xeito. Sempre que se lle pregunta a Reguera polo seu forte á hora de degustar as ostras sempre nos contesta " ao natural e sen limón é a mellor forma de apreciar o sabor propio do mar".
Estou satisfeita polo traballo final realizado
Estou satisfeita polo traballo final realizado
Dolores Cernadas "Loli" é a concelleira de Cultura do concello de Soutomaior foi a responsable da organización da XXXII Festa da Ostra, como di "Loli" a xente é moi exixente e en todo momento temos que estar aí presentes dando o mellor. Os días previos ó evento non facía presaxiar unha das Festas máis participativas en canto a afluencia xa que as fortes tormentas danaron a estrutura da carpa e houbo que substituíla por outra. Para o concello de Soutomaior esta Festa é un escaparate moi importante para a Vila xa que de cara aos próximos meses de época estival Xa que Soutomaior é unha vila relacionada coa gastronomía.
Rapaces de Arcade realizan un ovo de Pascua de 10 quilos
Rapaces de Arcade realizan un ovo de Pascua de 10 quilos
Un grupo de rapaces de Arcade, no concello de Soutomaior, fixeron esta tarde un ovo de Pascua de 10 quilos que encheron de doces. Participaron nun obradoiro que realizou unha pastelería. O ovo van doalo a Aldeas Infantiles para que os rapaces que viven alí o coman o próximo luns. Están ben atentos ás explicacións que lles dá Isabel. Asisten a un obradoiro ben doce para aprender a facer ovos de Pascua en Arcade, Soutomaior. Este é de récord, o molde é para facer un de 10 quilos de chocolate. Despois de facer o molde, enchen o ovo con todo tipo de doces, sélano e xa está listo para envolver. Os máis cativos son os encargados da decoración. O máis difícil é darlle a volta para que non rompa. Este ovo de 10 quilos de chocolate e cheo de doces será para nenos que están en Aldeas Infantiles en Redondela. O próximo luns comerano xunto cuns roscóns.
As ostras de Soutomaior contan con todos os servizos sanitarios para ser consumidas.
As ostras de Soutomaior contan con todos os servizos sanitarios para ser consumidas.
Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado da edil de turismo Dolores Cernadas, a presidenta da Confraría de Pescadores "Virxe do Carme" Rita Miguez e o ostreicultor Tito Conde, presentou a XXXII Festa da Ostra que se celebrará en Arcade os días 31 de marzo e 1 de abril. O prezo das ostras ao natural será de sete euros a ducia, e a empanada de ostras e as ostras en escabeche a ración despacharase a seis euros. O viño ribeiro terá un custo de catro euros a botella, mentres que o albariño de Soutomaior venderase a oito euros. Reguera resaltou que este ano como en algún xa pasado a Festa volve a cadrar en Semana Santa o cal isto pode incrementar o número de asistente á mesma.
Alégrome de que pais e fillos participen na Carreira
Alégrome de que pais e fillos participen na Carreira
Agustín Reguera volveu a participar un ano máis na Carreira da Ostra, aínda que non estaba ó cen por cen por un catarro sufrido días atrás Reguera puntualizou que o importante é acompañar e poder estar sempre que se poida en mellores ou peores posicións. O alcalde de Soutomaior felicitou a todos os pais que se apuntaron tanto na proba principal como nas categorías inferiores apuntou aos seus fillos. Agustín agradeceu o traballo prestado por parte da policía local e polos membros de protección civíl de Redondela e agradeceu a todas aquelas persoas que colaboraron no evento.