Asociacións cidadás e concellos reclaman como Vía Verde a vía de tren en desuso
Asociacións cidadás e concellos reclaman como Vía Verde a vía de tren en desuso
Varios concellos de España dispoñen xa das chamadas vías verdes, un concepto creado polo ADIF en 1994 para recuperar con usos sociais as vías de tren en desuso. Agora, varias asociacións veciñais, deportivas e culturais queren aproveitar a oportunidade e devolverlles vida aos treitos abandonados entre Pontevedra, Redondela e Vigo. A vía verde tería 30 quilómetros en total, dos que a metade discorrería pola antiga vía do tren. Para goce de peóns e ciclistas, locais ou foráneos. Agora mesmo, esta vía de tren en desuso en Paredes non é o mellor camiño para pasear. As pedras mancan os pés. Pero toda esta xente e moita máis, veciños das parroquias e lugares polos que pasaba o ferrocarril, reivindican deste xeito que se transforme en vía verde, unha marca rexistrada pola Fundación de Ferrocarrís Españois en 1994. Alejandro Costa, da Asociación A Golpe de Pedal de Vigo, explícanos que a vía verde vén determinada polo ADIF e o que fai é promover a recuperación de vías de tren fóra de uso. Entre os requisitos están que exista esa vía fóra de uso e que estea nunha zona de valor paisaxístico, cultural, etnográfico, etc. Aquí, di Alejandro, é especial po...
Accidente na ponte de Rande dun veciño de Soutomaior
Accidente na ponte de Rande dun veciño de Soutomaior
Accidente de tráfico en Rande, esta madrugada. Provocouno un kamikaze que se meteu na ponte en sentido contrario despois de entrar a contramán na AP-9. Ata que chocou de fronte contra outro coche, no quilómetro 147 da autoestrada, en Redondela, en plena ponte de Rande. Houbo que excarcerar os dous condutores. Os dous están feridos. E é que vendo como quedaron os dous vehículos, dá idea da forza do impacto. O kamikaze é un mozo que conducía este Rober branco en sentido contrario pola AP-9 contra as dúas da madrugada. Ía en dirección Vigo, pero polo carril que vai cara a Pontevedra, e segundo testemuñas que avisaron o 112, no quilómetro 147 bateu contra o Volvo de cor vermella. Chocou con tal forza, que o coche do kamikaze envorcou. Os dous condutores tiveron que ser excarcerados de entre os ferros dos vehículos. Segundo fontes da garda civil, o condutor kamikaze está ferido de gravidade, e o outro condutor ten feridas de carácter leve. Para axudar nestes labores, acudiron dúas dotacións de bombeiros, que rescataron as vítimas, varias ambulancias do 061, que evacuaron os feridos ao hospital Álvaro Cunqueiro, e tamén as emerxencias de Redondela e a garda civil ...
Soutomaior celebrou o Samaín
Soutomaior celebrou o Samaín
O concello de Soutomaior celebrou no día de onte a festa do Samaín que por mor da choiva do día anterior foi celebrado o día seguinte, gran acerto por parte da organización xa que a primeira hora da tarde os veciños da Vila comezaban a chegar a alameda de Talo Río onde varios talleres organizados para o evento farías as marabillas dos máis pequenos. Pero sen dúbida un dos alicientes da Festa foi o pasadizo do terror onde centos de nenos agardaban quenda para pasar uns minutos de medo, o frío no día de onte non foi que de impedir que o Samaín do concello de Soutomaior triunfara por todo o grande, xa que ata a hora do remate os veciños da Vila agardaron pola chegada do grupo e espectáculo Troula que cun espectáculo de lume e pirotecnia puxo o acto de peche a unha noite de medo. A concelleira de Xuventude Noelia Ocampo explicounos que dende a concellería de Xuventude traballan constantemente para facer de Soutomaior un pobo onde os máis pequenos teñan todo tipo de diversidade cultural, Noelia comentounos tamén que dende o Concello levan xa un tempo organizando unha das festas máis atractivas para a Vila como é as festas do Nadal.
Entramos no pasadizo do terror
Entramos no pasadizo do terror
O pasadizo do terror foi unha das atraccións máis demandadas na Festa de Samaín do Concello de Soutomaior , largas colas dende a primeira hora da tarde ata ben entrada a tarde, por quendas de 7 persoas ían entrando e visitando os pasadizos onde os nenos e nenas eran abordados por uns seres demoníacos. A Festa de Samaín do Concello de Soutomaior volveu a ser un referente de diversión para os máis cativos e cativas , sendo este Concello un referente para a diversión.
Unanimidade na problemática dos lumes
Unanimidade na problemática dos lumes
No día de onte celebrouse no concello de Soutomaior un pleno extraordinario para tratar de aunar forzas na política local de Soutomaior e adoptar varias medidas no acontecido hai escasas semanas cando o lume arrasou parte das parroquias da Vila. Entre os acordos que o voceiro do BNG Manuel Lorenzo propuxo foi o de solidarizarse coas familias afectadas, en especial aos feridos que a día de hoxe aínda están a recuperarse, deste mesmo xeito enviarlle a condolencias as familias que perderon os seus familiares atrapados no lume, entre outras medidas. A unanimidade por parte do resto de forzas políticas fixo que este mesmo luns o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera convoque un xuntanza de portavoces para levar adiante os acordos, Reguera pediu prudencia á hora de actuar nos montes queimados xa que os técnicos están a traballar nos montes da Vila.
As pócemas e beberaxes poderán degustarse o domingo día 5
As pócemas e beberaxes poderán degustarse o domingo día 5
Por causa da previsión de choiva a Festa de Samain pásase para o domingo 5 de novembro As actividades comezarán a partir das 17.00 h. O Concello de Soutomaior festexa o samaín cun programa cargado de actividades dirixidas a todas as idades pero especialmente, dirixidas á mocidade. Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música da cal que encargará o grupo de animación Troula cun espectáculo que non vai deixar a ninguén indiferente porque estará protragonizado por todo tipo de creaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión. PROGRMA 2017 Data: Domingo 5 novembro (antes 4 de novembro) Lugar: Alameda de Talo Río (Arcade) · 17.00 a 18.00 Obradoiro de pócemas e beberaxes · 17.00 a 19.30 Maquillaxe de medo · 17.30 a 19.30 Pasadizo do terror · 19.30 a 20.45 Animación de rúa a cargo de TROULA: zancudos tragalumes, demos, meigas, malabaristas, música e percusionistas.PERSOAXES DA ESCURIDADE · A partir das 18.30 Tren asador de CASTA...
Agradezo as axudas prestadas dende o Concello
Agradezo as axudas prestadas dende o Concello
Pablo Ortega foi todo un referente no deporte non só en Redondela se non a nivel europeo na disciplina do Wu Shu atrás quedaron os seus anos de loitador o cal era un rival moi duro a bater, entre os seus logros destacan o Campionato de España. 8 veces 1º e 2 veces 2º. Campionato de Europa. 2 veces 2º. Campionato do Mundo. Un 3º posto en 1997 en Roma e un 5º posto. Deportista autodidacta baseou todo o seu talento a base de esforzo e superación, a día de hoxe é adestrador de Wu Shu en Arcade e tamén en Ponteareas aínda que de forma altruísta. Recentemente ven de competir no campionato do Mundo en Kazan, esta vez como técnico da Selección Española. Ortega agradece ó concello de Soutomaior as axudas económicas que deste xeito fan que o Club que adestra Pablo Ortega o Club Amigos do Wu Shu poida existir a día de hoxe, xa que os aportes económicos do Club están representados unicamente polo Concello.
Feas as anguías? Pero se son moi ricas! (1/3)
Feas as anguías? Pero se son moi ricas! (1/3)
Rivadulla Corcón lévanos ao porto de Arcade. Peixes ben curiosos as anguías, crese que nacen, desde hai uns 140 millóns de anos, no mar dos Sargazos, situado na zona das Illas Bermudas, no Atlántico, e viven unha gran parte da súa vida en río, indo ao mar para aparearse. Por iso, o frecuente é pescalas preto da desembocadura dos ríos, como en Arcade, na desembocadura do río Verdugo. David Seoane é un dos pescadores que capturan a anguía coa arte do butrón, un tipo de nasa específico para a captura deste peixe. O equipo do programa sae ao mar con Tania e o seu pai Carlos Fernández, para coñecer in situ a pesca da anguía. Rita Míguez, patroa maior e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, comenta os retos da asociación, entre eles, a visibilización das mulleres que traballan no mar. Manuel Fernández compra e distribúe anguía de Arcade por toda España e Portugal e quen sabe de construír butróns é Begoña Barbosa, a muller de Carlos Fernández. Jacobo Martínez cociña anguías de tres formas distintas. É o propietario e cociñeiro do restaurante A casa do muelle, situado no propio porto de Arcade.
Feas as anguías? Pero se son moi ricas! (2/3)
Feas as anguías? Pero se son moi ricas! (2/3)
Rivadulla Corcón lévanos ao porto de Arcade. Peixes ben curiosos as anguías, crese que nacen, desde hai uns 140 millóns de anos, no mar dos Sargazos, situado na zona das Illas Bermudas, no Atlántico, e viven unha gran parte da súa vida en río, indo ao mar para aparearse. Por iso, o frecuente é pescalas preto da desembocadura dos ríos, como en Arcade, na desembocadura do río Verdugo. David Seoane é un dos pescadores que capturan a anguía coa arte do butrón, un tipo de nasa específico para a captura deste peixe. O equipo do programa sae ao mar con Tania e o seu pai Carlos Fernández, para coñecer in situ a pesca da anguía. Rita Míguez, patroa maior e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, comenta os retos da asociación, entre eles, a visibilización das mulleres que traballan no mar. Manuel Fernández compra e distribúe anguía de Arcade por toda España e Portugal e quen sabe de construír butróns é Begoña Barbosa, a muller de Carlos Fernández. Jacobo Martínez cociña anguías de tres formas distintas. É o propietario e cociñeiro do restaurante A casa do muelle, situado no propio porto de Arcade.
Soutomaior acolleu a campaña “Apúntate á compostaxe”
Soutomaior acolleu a campaña “Apúntate á compostaxe”
Ata 220 alumnos de 1º e 2º da ESO procedentes de varios centros escolares do Concello de Soutomaior participaron esta mañá nunha serie de charlas sobre reciclaxe e compostaxe no multiusos de Arcade. A iniciativa forma parte do plan municipal de promoción de reciclaxe e pretende infundir entre os máis pequenos valores ecolóxicos ademais de mostrarlles a necesidade de establecer hábitos responsables co medio ambiente. Baixo o título “Apúntate á compostaxe”, a charla abordou a necesidade e os beneficios da reciclaxe a nivel particular. Mediante sinxelos exemplos e xogos, os pequenos aprenderon como separar os residuos, cales son os colectores adecuados para cada clase e hábitos responsables co medio ambiente ejemplarizados coa mnemotecnia de “As tres erres”: reducir, reutilizar e reciclar. “O medio ambiente é unha prioridade, e o seu coidado é unha tarefa que hai que afrontar desde moitas frontes. Con estas iniciativas actuamos a través da educación, que é a mellor solución para o futuro, pero o noso traballo é moito máis amplo”, afirmou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que engadiu que “para coidar o medio ambiente melloramos todos os anos...
"O medio ambiente é unha prioridade"
“O medio ambiente é unha prioridade, e o seu coidado é unha tarefa que hai que afrontar desde moitas frontes. Con estas iniciativas actuamos a través da educación, que é a mellor solución para o futuro, pero o noso traballo é moito máis amplo”, afirmou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que engadiu que “para coidar o medio ambiente melloramos todos os anos a nosa rede de iluminación pública con tecnoloxía led, repartimos composteiras particulares para fomentar a reciclaxe entre os veciños do rural, creamos a horta urbana ecolóxica e impulsamos a composteira comunitaria para concienciar aos veciños do centro urbano de Arcade”. A reciclaxe é fundamental sobre todo para baixar os custes ó Concello xa que si se recicla en condición rebaixamos os custes ó Concello á hora de recoller o lixo. Reguera tamén fixo alusión ó lume que a semana pasada afectou ó Concello e agradeceu e felicitou a todos aqueles veciños e veciñas que estiveron todo o día o pe do canón apagando o lume .