O  instituto de Soutomaior contará cun vial de seguridade para o aceso a pé
O instituto de Soutomaior contará cun vial de seguridade para o aceso a pé
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas institucións para a mellora do viario de acceso ao novo instituto. A actuación, solicitada polo goberno local tras o anuncio da concesión do novo centro por parte da Xunta de Galicia , contará cun orzamento de 176.000 euros que serán financiados conxuntamente entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior. A colaboración entre institucións permitiu que o novo centro público salga adiante, sumando entre todos polo interese común do proxecto e dos veciños do Concello de Soutomaior”. A Xunta de Galicia achegou un total de 6,3 millóns de euros na construción do centro, permisos, a Deputación de Pontevedra 123.000 euros para a urbanización do acceso ao novo centro, e o Concellode Soutomaior 480.000 euros entre a adquisición dos terreos necesarios, a dotación de servizos e a urbanización do exterior do centro.
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (1/3)
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (1/3)
Soutomaior celebrou o domingo de entroido polo máis alto tanto en número de comparsas 21 como en espectadores, a primeira hora da tarde xa era case imposible poder acceder a rúa Xosé Solla para coller un bo sitio para ver as comparsas xa que a rúa estaba chea de xente que veu dos concellos limítrofes.Sobre o horario establecido comezaban a desfilar as comparsas, a primeira en facelo foi a municipal do Concello que este ano batía recor de asistentes 42, as máis esperadas polo público foron as comparsas locais Miudos, As Marchosas de Arcade e Moreira A TopeUn ano máis as rúas de Soutomaior volveron a ser un referente no domingo de entroido grazas ó bo número de comparsas como afluencia de xente nas rúas.
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (final)
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (final)
Soutomaior celebrou o domingo de entroido polo máis alto tanto en número de comparsas 21 como en espectadores, a primeira hora da tarde xa era case imposible poder acceder a rúa Xosé Solla para coller un bo sitio para ver as comparsas xa que a rúa estaba chea de xente que veu dos concellos limítrofes.Sobre o horario establecido comezaban a desfilar as comparsas, a primeira en facelo foi a municipal do Concello que este ano batía recor de asistentes 42, as máis esperadas polo público foron as comparsas locais Miudos, As Marchosas de Arcade e Moreira A TopeUn ano máis as rúas de Soutomaior volveron a ser un referente no domingo de entroido grazas ó bo número de comparsas como afluencia de xente nas rúas.
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (2/3)
Soutomaior celebrou o Entroido polo máis alto (2/3)
Soutomaior celebrou o domingo de entroido polo máis alto tanto en número de comparsas 21 como en espectadores, a primeira hora da tarde xa era case imposible poder acceder a rúa Xosé Solla para coller un bo sitio para ver as comparsas xa que a rúa estaba chea de xente que veu dos concellos limítrofes. Sobre o horario establecido comezaban a desfilar as comparsas, a primeira en facelo foi a municipal do Concello que este ano batía recor de asistentes 42, as máis esperadas polo público foron as comparsas locais Miudos, As Marchosas de Arcade e Moreira A Tope Un ano máis as rúas de Soutomaior volveron a ser un referente no domingo de entroido grazas ó bo número de comparsas como afluencia de xente nas rúas.
Todo preparado para o domingo de entroido en Soutomaior
Todo preparado para o domingo de entroido en Soutomaior
O domingo día 18 de febreiro o concello de Soutomaior celebra a súa festa do Entroido, e como dende hai xa algún ano, a concellería de Xuventude está a promover dito día coa posta en marcha da comparsa municipal.Esta actividade está a tomar bastante repercusión entre os veciños da Vila xa que este ano a afluencia está a ser moi notoria. A Concellería puxo a disposición dos veciños un local onde poder en sair e mesmo confeccionar os traxes que se vestirán o domingo de Entroido na Vila, para Marcos un veciño de Soutomaior considera que a iniciativa é moi interesante xa que deste xeito pode acudir coa súa filla Len e gozar en familia do entroido. Rodrigo é un neno nacido na parroquia de Soutomaior e por mor do traballo a súa nai non participa en todo o que lle gustaría nas iniciativas do Concello xa que por traballo por as veces é imposible, María que así se chama a nai aproveitou esta ocasión para formar parte do proxecto e deste xeito poder estar co seu fillo Rodrigo e coñecer outras familias do Concello.
Comisan en Soutomaior máis de 400 litros de licores ilegais13 14:10:07
Comisan en Soutomaior máis de 400 litros de licores ilegais13 14:10:07
A Garda Civil incautouse en Soutomaior de 437 litros de licor café e augardente, que estaban a ser comercializados de forma fraudulenta. Os axentes localizaron os licores, distribuídos en 30 garrafas, no almacén dun restaurante da localidade. Ningún envase tiña as etiquetas e marcas fiscais, obrigatorias para a venda. A Garda Civil confiscou os licores e denunciou o responsable do restaurante por infrinxir a lei de impostos especiais, e a de protección xeral dos consumidores.
" Todo comezou nunha ludoteca hai xa nove anos "
Todo comezou hai nove anos cando Noemi e a súa irmá Esmeralda decidiron poñer en marcha unha comparsa que por aquel entón comezou nunha ludoteca da familia. " Lembro que cando comezamos a nosa primeira carroza era de cartón " comenta Esmeralda, hoxe en día a comparsa Miudos está formada por máis de 50 persoas de todas as idades xa que o espírito de Miudos é formar familia ó redor do entroido. No mes de setembro xa comezan a darlle voltas ó que será o novo ano de entroido, este ano adícanllo ó mundo da "Alta Costura" tesoiras, teas e todo o relacionado coa alta costura é o tema escollido para representar a súa comparsa nos máis de 15 desfiles aos que acudirán este ano. Aínda que o ano no comezou nada ben por mor do accidente causado na carroza cando ían ó entroido de Lalín, este esperan acadar algún premio aínda que sexa pequena para poder paliar os gastos da comparsa. Tanto para Esmeralda como para Noemí e Natalia o mellor desfile é o de a súa terra, o de Soutomaior, xa que desfilar entre tanta xente coñecida é moi emocionante e hai que dalo todo. O vindeiro domingo 18 será o desfile de comparsas en Soutomaior a partir das 17.00 h e a comparsa Mi...
O mal tempo non impediu a festa do entroido  dos máis pequenos
O mal tempo non impediu a festa do entroido dos máis pequenos
O pasado venres o concello de Soutomaior organizaba a festa de entroido para os máis pequenos, nun primeiro momento anunciábase a praza de Talo Río como escenario principal pero o mal tempo fixo que se desprazara ata o Multiusos . Sobre as cinco da tarde comezaban a chegar os primeiros disfraces ata as instalacións onde alí estaba todo preparado para unha tarde de festa. Animación, música , bailes, obradoiros e ata un desfile de disfraces foron as actividades principais da festa. Para os máis pequenos da familia habilitouse unha zona lúdica que incluíu xogos xigantes como a oca, o parchís, o dominó, tres en raia todo en grandes dimensións e tamén unha zona de debuxo e contos. Como toda festa infantil non faltou a palomitera e o de algodón de azucre no que o reparto foi totalmente gratuíto e ilimitado. Unha vez máis Soutomaior estivo en todo o momento ao servizo dos pequenos da casa.
"Gústanos sensibilizar ó alumnado, teñen que ser conscientes "
O Día Escolar da Non-violencia e a Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez no 1964. Xurde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do mestre español Llorenç Vidal. Como non podía ser doutro xeito o CPI Manuel Padín Truiteiro celebrou o día cunha serie de actos conxuntos entre o profesorado e o alumnado. Unha das actividades máis destacadas foi a gravación dun videoclip no que todo o centro escolar foi partícipe do mesmo. O seu director Modesto Ocampo foi o precursor da idea e sinalou que o Centro é sempre partícipe de calquera actividade que estea a prol da educación e a sensibilidades no alumnado.
"Sen dúbida será un centro de referencia "
O alcalde de Soutomaior Agustín Reguera xunto co delegado da xunta en Vigo Ignacio López-Chaves visitaron na mañá do martes as obras que se están a realizar do novo instituto en Soutomaior. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses e a inversión supera os 5,3 millóns de euros. O novo centro educativo tendrá capacidade para 480 alumnos, con doce unidades da ESO e catro de bacharelato. Albergará dezaseis aulas polivalentes, tres aulas de desdobre e dúas de apoio educativo, ademais da aula-taller de tecnoloxía e aulas de música, informática, plástica, biblioteca, catro seminarios, tres laboratorios, ximnasio, vestiarios e aseos. Agustín Reguera destacou a importancia deste centro e fixo fincapé en que os prazos de execución están no tempo previsto, tamén fixo relevancia no sistema de biomasa con que funcionara o novo centro, sen dúbida un instituto punteiro para a zona de Soutomaior
Pleno ordinario mes de xaneiro
Pleno ordinario mes de xaneiro
O concello de Soutomaior realizou o pasado xoves o pleno ordinario pertencente ó mes de xaneiro, nel tratárose diversos temas de política local como a sanidade no Concello, o horario dos furanchos ou as prazas da policía local.
"Procuramos escoller os cursos que mellor se adapten as necesidades"
O Concello de Soutomaior convoca novas actividades programadas desde a Concellería de Xuventude dirixidas ao público xuvenil fundamentalmente pero abertas a todas as idades. Nestre primeiro trimestre do ano despegamos con actividades de formación dirixidas á formación para o emprego e á adquisición de competencias de utilidade para a vida diaria facilmente transferibles aos diferentes ámbitos: persoal, social e laboral. Para a adquisición de titulacións básicas comezamos cun curso de preparación para obter o título da ESO dirixido a persoas maiores de 18 anos que desexen participar no proceso de probas libres convocado pola Xunta de Galicia. No ámbito social e educativo propoñemos un curso de primeiros auxilios de utilidade para entornos educativos formais e non formais. Máis dirixido á procura de emprego convócase o curso de teleoperado/a de 60 h con prácticas en empresas, para o cal non se esixe ningunha titulación de partida e que pode ser interesante para aprender a desenvolver un posto de traballo que ten bastante demanda. Continuamos co curso de monitor/a de tempo libre de 350 h que vai dirixido a maiores de 18 anos e que tamén é unha formación enfoca...