"O río Verdugo non pode ser un interés político"
Manu Lorenzo é o voceiro do B.N.G no concello de Soutomaior o seu parido político está sendo o encargado de mobilizar a miles de persoas que dende que saltou a nova da construción dunha canalización dende o río Verduga ata o encoro de Eiras levan varias mobilizacións. A de onte mércores 6 de decembro foi unha das máis multitudinarias, centros de persoas achegáronse ata a ponte de Comboa para amosar o seu malestar á obra que dende a Xunta de Galicia e o concello de Vigo están na procura do transvase da auga. Lorenzo considera que non hai ningún tipo de estudo medio-ambiental realizado xa que de seguir coa obra adiante poría en perigo varios ecosistemas un dos máis prexudicados serían as mariscadoras de Soutomaior que afectarían a máis de duascentas familias . Os grandes responsables da monstruosidade que se quere facer é a Xunta de Galicia xa que serían os encargados de aprobar a obra, xunto cos intereses do concello de Vigo.
O río Verdugo é buque insignia para o noso Cocnello
O río Verdugo é buque insignia para o noso Cocnello
Tristeza e decepción son mas palabras empregadas polo alcalde de Pontecaldelas Andrés Díaz pola situación que como alcalde está a padecer estes días tras a problemática do traslado de auga do río Verdugo ó seu paso polo municipio de Pontecaldelas. Díaz considera que a Xunta de Galicia está a amosar unha falta de respecto hacia o seu municipio xa que a día de hoxe as únicas novas que teñen son as que poden ler nos medios de comunicación, o alcalde non comprende como o seu Concello que é o máis afectado xa que o noventa por centro da obra non está a ter outro tipo de consideración. A día de hoxe ningún concello pode facer obras noutros concellos, o único organismo que podería comezar as obras sería neste caso Augas de Galicia, Andrés Díaz non tivo ningún tipo de contacto con dita empresa e nunca se lle foi presentado ningún tipo de informe nin tan sequera o impacto ambiental que podería causar esta obra de abastecemento de augas ó encoro de Eiras. O río Verdugo é buque insignia para o concello de Caldelas e supón un recurso turístico moi importante para a Vila e non queren que esta obra poida afectar a unha das súas maiores riquezas.
"Esta actividade si ou si, había que facela"
Tanto Quico como Berta foron os mestres encargados de levar aos alumnos e alumnas do colexio IES Manuel Padín Truiteiro a ver o estado queimado dos montes. Tanto Quico como Berta levan anos saíndo e fomentando o medio ambiente cos estudantes xa que como ben di Quico non " non todo está nos libros". O concello de Soutomaior leva anos castigado polo lume e que mellor forma que conciencias aos cativos que poidan ver, cheiran e tocar o desastre dos nosos montes. A tristura é inmensa xa que co paso do tempo as cousas non melloran e pola parte que nos toca intentamos concienciar e sensibilizar as noxas xeracións. O mestre Quico aconséllanos un libro do máis interesante que se titula "Os incendios forestais en Galicia" de Xesús Pereiras López no libro faise unha análise das causas dos incendios, os efectos ecolóxicos, económicos e sociais, ademais dunhas actividades prácticas onde se investiga a ecoloxía, a socioloxía dos incendios e o estudo dunha parcela queimada en comparación cunha sen queimar. Felicitamos aos mestres Quico e Berta pola iniciativa que levan facendo dende hai varios anos e animámolos a seguir adiante co proxecto.
"Non esperábamos atopar o monte así"
Os alumnos e alumnas do colexio IES Manuel Padín Truiteiro levan anos saíndo á natureza da man dos seus mestres para deste xeito inculcarlles a importancia do medio ambiente , adoitan saír a plantar árbores que co paso do tempo forman conxuntos de especies autóctonas. Por desgracia a saída recente que fixeron os alumnos e alumnas foi totalmente destinta, aínda que a maioría son de Soutomaior e viviron os incendios en primeira persoa ata o de agora non se achegaran ó monte para comprobar o cruel e devastador impacto do lume. A maioría dos nenos e nenas quedaron sorprendidos do estado actual do monte xa que xamais imaxinarían o estado devastador de non estar presentes no lugar. O que máis lles sorprende é o cheiro recente ó lume e que onde antes había árbores e plantas agora hai cinza. Rematan a xornada cun recordo moi triste pero como din eles mesmo o máis importante e que entre todos e sobre todo nós os pequenos temos que coidar os montes xa que somos a nova xeración e non podemos permitir que vola a suceder unha desgracia como a vivida no Concello.
Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes
Kick Boxing Club Arcade campión de España de clubes
O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos deportistas do KickBoxingClub Arcade que se proclamou Campión de España de Clubs. O Alcalde entrégolle un recordo da visita para o Club que recibiu o seu director técnico Lito Alvarez e tamén un pequeno obsequio para @s deportistas presentes. Aproveitou a ocasión o Alcalde para felicitar a todos estes deportistas e animounos a seguir no deporte e seguir sendo un dos clubs referencia e motivo de orgullo para o noso Concello. O KickBoxing Club Arcade conseguiu a primeira posición do Campionato de España de clubs que se celebrou no Multiusos Fontes do Sar da capital galega. O Club de Arcade foi líder na clasificación final por puntos e por medallas tras sumar todas as modalidades. Participación en Santiago un total de 57 clubs e máis de 600 deportistas de toda España. Disputáronse na xornada de clausura un total de 137 finais, 37 delas na categoría sénior e as outras 100 en nenos e nenas ata júnior.
Pleno ordinario mes de novembro concello de Soutomaior
Pleno ordinario mes de novembro concello de Soutomaior
A semana pasada celebrouse no concello de Soutomaior o pleno ordinario pertencente ó mes de novembro, o BNG presentou unha moción na que solicitaban ó goberno municipal a creación de roteiros e unha maior dinamización da Vila para atraer a máxima xente posible a así dar a coñecer o patrimonio do Concello e deste xeito incentivar o comercio local. Por outra banda a voceira nacionalista Olalla Obelleiro presentou unha serie de medidas para intentar e mellorar a loita que padecen as mulleres contra o machismo, a proposta foi aprobada pola totalidade dos grupos políticos.
As obras do pavillón da Montesiña xa están rematadas
As obras do pavillón da Montesiña xa están rematadas
A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle,acompañada polo alcalde de Soutomaior Agustín Reguera, supervisaron onte o estado final do pavillón municipal de Soutomaior tras as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia a tenor do convenio de cooperación asinado co concello de Soutomaior . A máxima responsable do deporte galego salientou a importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega. Neste sentido, segundo o acordo asinado o pasado 18 de setembro, a Secretaría Xeral para o Deporte subvencionou a reparación da cuberta do pavillón municipal cunha achega de 15.000 euros. A renovación da cuberta do pavillón da Montesiñaestá enmarcada no Plan de mantemento e mellora de instalacións deportivas do Concellode Soutomaior e “no que tamén están incluídas a renovación da pista polideportiva do pavillón e a construción dunha nova cancha de pádel para que o equipo local poida disputar competicións oficiais en Soutomaior”, manifestou Reguera, que aproveitou a ocasión para anticipar diversas actuacións noutra...
Pleno extraordinario  para a modificación de crédito
Pleno extraordinario para a modificación de crédito
O concello de Soutomaior celebrou a semana pasada un pleno extraordinario urxente para realizar a modificación de crédito número 9 para a realización dunha serie de inversións 9/2017 trátase de modificar as partidas o suficiente para poder realizar as obras da mellora da rúa do Peirao dotando a zona dunha mellora suntancial da visibilidade colocando unha serie de farolas en puntos estratéxicos, outras das obras a realizar é a ampliación das aceiras entre a zona da carballeira e o parque recreativo. Por outra banda a substitución do chan de cemento do pavillón da Montesiña por parqué e outra serie de medidas a tomar para o concello de Soutomaior. Tanto o BNG como o Partido Socialista votaron a favor neste pleno urxente argumentando que toda mellora para o Concello é positiva .
Soutomaior celebra o 25 de Novembro día da Violencia Machista
Soutomaior celebra o 25 de Novembro día da Violencia Machista
O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza durante todo o mes de novembro o programa “E ti…que fas pola igualdade?”.Unha iniciativa que pretende fomentar a igualdade de xénero entre os escolares do municipio e que chegará a alumnos de todos os cursos, desde 1º de primaria ata 4º da ESO. Mediante sesións de 100 minutos por curso, a iniciativa busca concienciar aos alumnos en materia de igualdade, analizando como adquiren os roles e estereotipos de xénero e o papel que para a súa infancia xogan as persoas adultas da súa contorna, principalmente os modelos e referentes familiares. Cada sesión contará cunha primeira parte de sensibilización e formación inicial na que se analizarán os estereotipos de xénero, modelos de convivencia que fomentan a desigualdade e conceptos como o sexismo. A continuación, realizaranse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que plasmarán que é o que eles fan pola igualdade. Ao final de cada sesión os alumnos realizarán unha pequena peza audiovisual. “A idea fundamental é atallar o problema da desiguald...
"Non o Xustifiques" todos unidos contra a Violencia Machista
O Concello de Soutomaior presentou o seu programa de eventos para conmemorar o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, o Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a Concelleira de Igualdade, Cristina González Piedras, fixeron pública a nova campaña municipal de sensibilización e concienciación coa que o Concello pretende "dar visibilidade a moitas formas de violencia que ás veces, a sociedade ten normalizadas. E non por iso deixan de ser formas de violencia", dixo o alcalde durante a presentación. A campaña terá dúas liñas de acción, a primeira a realizarse no Centro de Información as Mulleres (CIM) de Arcade, que pode incluír a lectura dun manifesto en apoio a todas as vítimas de violencia machista, e de condena institucional a esta lacra social, e un concerto, man do cuarteto de cordas "Lulavai", e unha segunda liña na que se involucrará gran parte do comercio local de Soutomaior. Durante a campaña, os locales adheridos a campaña, contarán cunha serie de carteis e distintivos de apoio á iniciativa e trasladarán a mensaxe entre os seus clientes, através de bolsas de pano con mensaxes de aviso sobre as distintas formas ...
E ti que fas pola igualdade ?
E ti que fas pola igualdade ?
O Concello de Soutomaior, a través do seu Centro de Información á Muller (CIM), e co apoio da Deputación de Pontevedra, organiza durante todo o mes de novembro o programa "E ti...que fas pola igualdade?".Unha iniciativa que pretende fomentar a igualdade de xénero entre os escolares do municipio e que chegará a alumnos de todos os cursos, desde 1º de primaria ata 4º da ESO. Mediante sesións de 100 minutos por curso, a iniciativa busca concienciar aos alumnos en materia de igualdade, analizando como adquiren os roles e estereotipos de xénero e o papel que para a súa infancia xogan as persoas adultas da súa contorna, principalmente os modelos e referentes familiares. Cada sesión contará cunha primeira parte de sensibilización e formación inicial na que se analizarán os estereotipos de xénero, modelos de convivencia que fomentan a desigualdade e conceptos como o sexismo. A continuación, realizaranse grupos de traballo nos que os alumnos elaborarán mensaxes e reflexións nas que plasmarán que é o que eles fan pola igualdade. Ao final de cada sesión os alumnos realizarán unha pequena peza audiovisual. "A idea fundamental é atallar o problema da desigualdade me...
O asfaltado no barrio de Aranza xa está rematado
O asfaltado no barrio de Aranza xa está rematado
O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no barrio de Sameán. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comprobou onte o resultado destes traballos que definiu como “unha mellora para a seguridade viaria e a calidade de vida dos nosos vecinos”.O proxecto conta cun orzamento total de execución de 35.242 euros. Os traballos de mellora divídense en tres tramos. O primeiro deles, de 480 metros de lonxitude por 5 de ancho, un segundo de 112 por 2,5 metros e un terceiro de 50 metros con dous e medio de ancho. Ademais, reafirmouse un tramo de sobreancho de 396 metros de longo para mellorar o remate da nova capa de rodaxe. Os traballos finalizaron coa instalación de 6 novas tapas de rexistro, a nivel co novo firme, e as correspondentes marcas viarias. Ademais, e como parte de preparación do terreo, procedeuse á regulación dalgunhas cunetas para asegurar que están libres de restos orgánicos e vexetais procedentes da limpeza das leiras e camiños.En total a mellora dota de case 3500 metros cadrados de novo firme á rede viaria municipal coa intención de a...