Novas actividades para a xuventude. Prazo aberto ata o 26 de setembro

O Concello de Soutomaior pon en marcha a programación xuvenil de novas actividades que se iniciarán no mes de outubro: teatro, circo, danza do ventre, bailes latinos, guitarra española, cociña, debuxo e pintura. etc.. Este ano a programación anual conta con dúas novas actividades: a de circo que será unha actividade enfocada a achegar á mocidade novas actividades de expresión e creativas poder aprender diferentes técnicas circenses coñecendo diferentes disciplinas como equilibrios, malabares, espectáculos aéreos, clown, maxia, etc. Esta actividade irá dirixida a público xuvenil a partir de 10 anos e ofertanse dúas posibilidades de horarios aínda que se realizará na que teña maior demanda. Serán estas:

  • Opción 1: Mércores de 17.30 a 19.00 h
  • Opción 2: xoves de 17.30 a 19.00 h

Outra novidade será a actividade de cociña "coas mans na masa e a ver que pasa" tamén dirixida a público xuvenil a partir de 10 anos coa que se pretende que compartan dun xeito ámeno, creativo e divertido os segredos da cociña, elaborando receitas variadas de aperitivos, pratos e sobremesas, sempre coa responsabilidade de incidir sobre todo na seguridade, limpeza e  na adquisición de hábitos saudables a través da alimentación e da cociña. Aprender a elaborar pratos rápidos pero saudables e ricos. A comida rápida non ten porque ser comida “basura” por iso aprenderán a cociñar receitas de supervivencia pero ricas, saudables e nutritivas co fin de aprender hábitos saudables, protocolos e normas de hixiene, así como, saber usar utensilios e ferramentas, combinar ingredientes, utilizar produtos de tempada e da nosa horta, etc.

Nesta actividade tamén ofertamos dúas posibilidades: (realizarase no de maior demanda)

  • Opción 1: sábados de 11.30 a 13.30 h
  • Opción 2: sábados de 17.30 a 19.30 h

 

Ademais, continuamos ofertando as actividades que xa están funcionando anualmente. Si estades interesados/as podedes obter máis información descargando o díptico ou tamén na web www.gabinetesoutomaior.com na que tamén poderedes realizar a inscrición en liña: http://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/inscricions-menu/inscricions-en-lina

As inscricións estarán abertas ata o 26 de setembro en dous formatos: en liña ou na OMIX que estará aberta a partir do 7 de setembro. Reserva xa a túa praza!


Descargar adjuntos:

18_Actividades_Xuventude_Anuais.pdf (7 Descargas)
Visto 70 veces

Soutomaior en Carteis (Arquivo)

Festiflow

19-07-2018 - Xuventude

Cine: Maggie

05-04-2017 - Carteis

Cazarco

04-04-2017 - Carteis

Clases de Ioga

19-12-2016 - Carteis

Samaín 2016

17-10-2016 - Carteis