OBRADOIROS / Plan Municipal de Voluntariado  

Acción 2: Hoxe imos informar e concienciar 

Inicio da actividade: 26-06-2018
Fin da actividade: 15-07-2018
Horarios: Consultar actividade
Destinatarios/as: Todas as idades - 0 anos
Prazas: 22 prazas

 

DESCRICIÓN

Acción:  selección,  recollida e tratamento de residuos

Obxectivo: sensibilizar sobre o impacto que teñen os residuos que chegan os nosos ríos e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano. Concienciar sobre a necesidade de reducir residuos.

Breve descrición da xornada:

A  acción constará de dúas sesións:

  1. Unha sesión de "aula”, que se levará a cabo na Carballeira de Arcade se o tempo o permite o 26 de xuño (17:00 a 19:00), durante cal se inventarán diferentes slogans para concienciar do mal que fan os residuos na natureza, e se pintarán sobre pequenos paneis.
  2. Unha sesión de traballo de campo o 15 de xullo (17:00 a 20:00) que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante sobre o Verdugo, durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado. Haberá tempo para un baño e un pequeno refrixerio durante a actividade.

Perfil das persoas voluntarias?

  • Titulación: non requirida
  • Experiencia: ningunha
  • Perfil:aberto a toda aquela persoa interesada en coñecer o que nos rodea.
  • Material necesario que traen as persoas participantes: roupa cómoda e que se poida manchar.  

 

Compromiso de colaboración Voluntariado (maior de idade)

Compromiso de colaboración Voluntariado (menor de idade)

 

Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 909