OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

ROTEIRO: Polas sendas da pesca (3 h.)

Inicio da actividade: 06-05-2018
Fin da actividade: 06-05-2018
Horarios: de 10:30 a 13:30
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: Limitadas
Lugar da actividade: Casa de pescadores/as (Sobral)
 

DESCRICIÓN

Breve descrición: A ruta comeza na casa dos/as Pescadores/as que hai en Sobral e discorre todo o tempo a por ambas marxes do río Oitaven. No noso camiño teremos ocasión de aprender algo máis sobre a dinámica do río, as súas árbores e con algo de sorte, ver algúns dos animais que teñen aquí o seu fogar. Tamén poderemos visitar un par de muíños agochados entre a vexetación. E se o tempo acompaña, ao finalizar, poderemos gozar dun baño nas augas claras e frescas do río.

Características: 4,8 kms.

Dificultade media: desnivel suave. Circular. Terreo irregular. Nalgún momento hai que esquivar algunha ramallada ou dar un pequeno salto para pasar algún pequeno obstáculo. Algún tramo pequeno de asfalto. Aconséllase calzado de camiñar e resistente á auga e roupa de baño.

Coordenadas: -8,5575, 42,3402

 

A inscrición realizarase ata o luns 30 de abril a través deste formulario de google: https://goo.gl/forms/1Ua7DTsjy4BWHSeD3

Horarios opcionais: Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1426