OBRADOIROS / Concellería de Ensino  

ROTEIRO Illas de Sálvora e Ons (Todo o dia)

Inicio da actividade: 10-06-2018
Fin da actividade: 10-06-2018
Horarios: de 9:00 a 19:00 h
Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos
Prazas: 55 prazas

 

DESCRICIÓN

A actividade consistirá en realizar dous roteiros pero nesta ocasión serán pola Illa de Sálvora e pola Illa de Ons, dous arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, único Parque Nacional que temos na nosa Comunidade Autónoma. En ambos roteiros trataranse aspectos naturais pero tamén culturais, xa que ambas illas tiveron poboación nalgún momento. Durante a xornada non se camiñará todo o día senón que haberá descansos e tamén hai que ter en conta os traslados de ida, de volta e entre illas.   

 

Aproximación ó programa da xornada
Saída de Bueu ás 10.30 rumbo a Sálvora. Comezaremos o primeiro roteiro arredor das 12.45 h na Illa de Sálvora da man de dúas guías do parque, para coñecer aspectos naturais, pero tamén lendas e crenzas dos antigos habitantes de Sálvora. O roteiro non ten desnivel pero o camiño e irregular e sen asfaltar

  • Ó rematar, sobre as 13.30 partiremos para Ons onde tamén realizaremos un roteiro despois do xantar. Nada máis chegar teremos tempo para comer e darnos un baño se apetecese e xantar.
  • Despois de xantar quedarase cos participantes para facer o segundo percorrido da xornada dunha  duración aproximada de hora e cuarto para  coñecer a especial arquitectura da illa de Ons, así coma algúns dos valores naturais.
  • Ó rematar o sendeiro, tamén pola tarde, antes de regresar haberá unha actividade lúdica con contido medioambiental para as persoas interesadas na que poderán participar persoas de todas as idades. A duración desta actividade será dunha hora aproximadamente. Esta actividade será opcional, quenes non queiran participar poderá ter tempo libre na illa.
  • O barco de regreso a Bueu partirá ás 19.30 h. Na chegada ao peirao xa nos agardará o autobús de retorno a Soutomaior. Chegaremos a Soutomaior arredor das 20.15 h.

Duración todo o día. Porase autobús para saír todos/as xuntos con paradas en dous puntos do Concello. Hora de saída en autobús desde:

  • Casa do Concello ás 09.05 h
  • Cruce de Pierres ás 09.15 h.

Custe

  • Ata os 12 anos: DE BALDE!
  • A partir de 13 anos: 12€ empadroados/as; 30€ non empadroados/as.

Forma de pago roteiro “Illa de Sálvora e Ons” despois de inscribirse o pago terá que facerse ata o 1 de xuño como data límite. O pago poderá facerse:

  • Presencialmente na OMIX.
  • Transferencia bancaria e presentación na OMIX o xustificante de pago ou envialo a este correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Inscricións

Ó facer a inscrición en liña queda reservada a praza, pero a solicitude farase efectiva no momento de entregala asinada xunto con toda a documentación, senón anularase. A data límite da reserva é o prazo estipulado para a inscrición.

No caso de non obter praza comunicarase á persoa interesada e devolverase o importe  mediante o mesmo sistema de pago.

*Consultar as bonificacións que se aplican a persoas empadroadas en relación a varios membros da unidade familiar anotados, situación de risco, cobro de prestacións, etc. recollidas no ARTIGO 4-EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS da ORDENANZA DO PREZO PUBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE LECER E TEMPO LIBRE, CURSOS OU ACTIVIDADES FORMATIVAS NO ÁMBITO PROFESIONAL, ARTÍSTICO E PERSOAL REALIZADAS POLO CONCELLO DE SOUTOMAIOR.

 

Horarios opcionais: Modo de pago: Non reporta pago   

 

 


Accesos : 1303