Category Image  CONVOCATORIAS / Plan Municipal de Voluntariado  

 

18-si-quero-colaborar.jpeg

Acción 1: Hoxe imos limpar

Inscricións ata: Venres, 25. Mayo 2018
Do: 02-06-2018 ó: 02-06-2018
Horarios: de 11:30 a 13:30 h
Destinatarios/as: +12 (menores acomp.)
Prazas: 22 prazas
A inscrición en: OMIX (Multiusos)
Lugar actividade: Multiusos de Arcade

18-Compromiso-colaboracion-voluntariado.pdf

Documentos a entregar:
- Fotocopia do DNI, - Acordos e Compromisos de Participación (descarga adicional*), - Si rexistrou menores de idade, copias dos seus DNI, - Si o/a solicitante é menor de idade, tamén o DNI do pai/nai/ titor/a, - Inscrición asinada polo/la solicitante ou do pai/nai/ titor/a

Concellerías implicadas: Concellería de Medioambiente, Concellería de Educación, C. Participación e Voluntariado

ACCIÓN: selección, recollida e tratamento de residuos.

Obxectivo: sensibilizar sobre o exceso no uso de plásticos e residuos que chegan as nosas praias e reflexionar sobre o impacto visual e as consecuencias que teñen para a fauna, a flora e o ser humano.

Breve descrición da xornada: Para comezar, darase unha pequena charla, de aproximadamente unha hora de duración, sobre os impactos medio ambientais dos residuos non nosos mares, facendo especial fincapé nos plásticos. Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión. 

Posteriormente camiñaremos un pouco ata a praia obxecto da limpeza que imos realizar. É unha praia pequena, pouco frecuentada e descoñecida por moitos, que non é sometida a limpeza habitualmente. 

  • Alí estaremos sobre hora e media recollendo os residuos, co material de apoio que aportará o Concello. 
  • Ao rematar, ou no medio, haberá un pequeno refrixerio para repoñer forzas. 
  • Ao finalizar, reflexionaremos sobre a xornada vivida e poremos en común medidas que están da nosa man.
  • Por último, subiremos os sacos co lixo ata un punto onde poida acceder un vehículo que os transporte e os deixe nos colectores de lixo axeitados para o seu tratamento.

 

Educación

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
Horarios: Luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 a 14,00 h

 

Hits : 126