JEV_CAT_ALT_DEFAULT_TEXT  CONCURSOS / Concellería de Xuventude

XI Concurso "Verbas para... comunicar"

verbas-comunicar.jpg

 

 

INSCRICIÓNS

Desde: 12-01-2018
Ata: Venres, 27. April 2018
Lugar Inscrción: Multiusos de Arcade

 

Obxetivos: promover o uso da língua galega entre a mocidade e conmemorar o día das Letras Galegas.

Modalidades:

1) Redacción:dun texto en lingua galega que transmita unha idea, sentimento, opinión, etc., Só presentación individual. O tamaño do texto non poderá ser superior ás 12 liñas. O soporte será o papel ou cartolina e o seu tamaño non poderá superar un folio A4, pero si poderá ser inferior a este. O formato de presentación do papel ou cartolina será libre.

2) Audiovisual:elaboración dun vídeo (curta) ou audio (tema musical ou outros) cunha duración máxima de 5 minutos. Pode presentarse de xeito individual ou grupal (2 ou 3 persoas).Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara.

Categorías EN CADA MODALIDADE:

Categoría A: idades de 12 a 14 anos.

Categoría B: idades de 15 a 20 anos.

Presentar en USB. Pode ser gravado con móbil ou cámara. Acéptanse tamén en calidade HD.

Mensaxe en galego escrita ou verbal.

  • Tema e estilo: libre.


Prazo de presentación:ata o 27 de abril.Entrega de premios en maio para conmemorar o día das Letras Galegas. Pedir as bases na OMIX

 

  Descargas: 

Hits : 15

CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
OMIX
(Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Multiusos de Arcade, Rúa Peirao 8 - 36690
Telf: +34 986 700 822 / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De luns a venres de 15,30 h a 20,30 h agás os Mércores de 9,00 h a 14,00 h