O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o concelleiro de Obras e Vías, Ramón Fernández, achegáronse esta mañá ao Peirao de Arcade, onde xa está en funcionamento a primeira estación de carga das tres coas que contará o concello nas próximas semanas.
Con este acto, ponse en marcha un novo servizo que durante os próximos tres meses, permitirá a calquera que se achegue ata a zona recargar a batería do seu vehículo de forma gratuíta. Ademais, para os empadroados que teñan ou vaian adquirir un vehículo eléctrico, o servizo será gratuíto durante todo un ano.
Desta forma, Soutomaior convértese nun dos primeiros da lugares da contorna en ofrecer puntos de carga públicos. Isto, que responde á aposta do concello por fomentar un modo de vida máis sostible, será ademais un atractivo para moitos veciños doutros concellos que virán a Arcade a repostar, coas consecuencias que isto supón para comerciantes e hostaleiros.
Cabe destacar que en total son tres as estacións de carga públicas que se instalaron no Concello: Unha na rúa Rosalía de Castro; outra pegada á casa do Concello; e a do Peirao que xa está operativa.