A Concellería de Xuventude

Que é

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior creouse coa finalidade de dar resposta ás necesidades e demandas da mocidade do municipio e para isto ponse a disposición da mocidade unha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) que forma parte da estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Xunta de Galicia en materia de xuventude e establécense lazos de coordinación entre ambas Administracións para prestar un servizo máis completo e de maior calidade.

 

A Concellería a través deste departamento municipal organiza, xestiona  e promove os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade e organiza actividades destinadas á poboación preadolescente, infantil e adulta.

O Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Xuventude, quere continuar aplicando os recursos necesarios para favorecer a participación da mocidade a través do servizo presencial pero tamén a través desta web a través da cal podedes achegarnos as vosas propostas e suxestións. 
 

Que ofrece

Ofrecemos a posibilidade de participar en dous programas

  • Programa de Información xuvenil, que ten como finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre   os temas que máis interesan e que maior demanda teñen por parte do colectivo xove poñendo á disposición da mocidade unha serie de servizos especializados de orientación e un fondo de documentación organizado por áreas de interese que se pode consultar na oficina.
    Entre outros temas atoparedes información sobre: asociacionismo, voluntariado, turismo activo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés con descontos, actividades e outros servizos municipais.
    A OMIX expide o CARNÉ XOVE, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30  anos, ambas incluídas.
  • Programa de Dinamización Xuvenil, que consiste na programación e execución de actividades seguindo a seguinte estructura por áreas temáticas: emprego, educación, lecer e tempo libre, asociacionismo e participación.

 

Como conseguir información

Existen distintas vías e soporte informativos que che permitirán o acceso á información. Destacamos as seguintes:

Consulta personalizada: 
Preguntando ao persoal técnico: visitando a oficina, por teléfono, correo postal ou correo electrónico.

Autocosulta: 
Consultando os soportes informativos: paneis e taboleiros de anuncios, carpetas e arquivadores, folletos, carteis, boletíns, revistas, guías, web, etc.
A información na oficina distribúese seguindo unha serie de criterios de organización documental PREGUNTA.

Onde estamos

Centro Multiusos
 r/ Peirao, 8  - Arcade
36690 Concello de Soutomaior

 

Contacto:
Tel. / Fax. 986.700.822
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.soutomaior.com


Horario

HORARIO DE INVERNO: 
Luns, martes, xoves e venres de 15,30 a 20,30 h 
Mércores de 9,00 a 14,00 h

HORARIO DE VERÁN: 
De luns a venres de 9,00 a 14,00 h

 

Visto 542 veces

En la categoría: Documentos Xuventude